Estamos a fináis dos anos vinte no corazón de Harlem, no clube Savoy Ballroom as bandas interpretan os ritmos sincopados e as caóticas melodias do jazz, do swing e do charleston. Nun canto, á dereita do escenario un grupo de persoas bailan e bailan e bailan como se non existise mañán, contaxiando toda a súa enerxía a todos os que alí están. A xente copia pasos que ve, modifícaos e inventa outros novos ata que nace o que se chamou Lindy Hop -que nós coñecemos como os bailes tolos das películas antigas-.

Dende Lindy Hop Bueu pretendemos revivir a pequena escala este espírito de baile e diversión na nosa vila mariñeira.

 
Quantcast